Sunday 05 de May de 2024

O concello de Riveira celebrará mañá o Día de Rosalía cun conto infantil musicado para máis de 250 alumnos de primaria do municipio


O Concello de Riveira vai conmemorará mañá mércores o Día de Rosalía e farao cun conto infantil musicado dirixida a alumnos de 5º e 6º de Primaria do municipio.

A actividade terá lugar ás 11 horas no Auditorio e levará o título de “Rosalía, unha meniña”, interpretada por O Falcón Branco, con Brais Fernández á voz e Xabier Mugardos á guitarra.

Trátase dunha animada presentación da biografía da poeta que mestura poesía, historia, música e ficción poética para narrar a historia dunha nena chamada Rosalía, nacida no rural galego de comezos do século XIX.

Asistirán alumnos dos CEIP de Carreira, Frións, Artes e o Grupo e dos CPR Galaxia, Bayón, Milagrosa de Oleiros e Sagrado Corazón de Castiñeiras ata sumar máis de 250 participantes.

Cómpre lembrar que o Concello aprobou por unanimidade en sesión plenaria do 24 de xaneiro de 2014 declarar o día 24 de familia como Día de Rosalía de Castro.